Premios #inlugo15

Na Deputación de Lugo sabemos que en #lugohaitalento e moito, e por iso reservamos un lugar na nosa programación para promocionalo.

Os III Premios #INLUGO teñen por obxectivo recoñecer aquelas iniciativas, persoas ou organizacións da provincia de Lugo que están a destacar no bo uso de Internet e as novas tecnoloxías en diferentes ámbitos.

Este ano chegamos xa á terceira edición e entregarémolos publicamente o vindeiro sábado 9 de maio no marco do evento #inlugo15.

As categorías que compoñen o certame son:

  • Comercio, Lecer e Restauración
  • Educación e Formación
  • Cultura e Acción Social
  • Tecnoloxía

Como é o proceso?

O 23 de abril comezou un proceso aberto e público no que se puido presentar as candidaturas a través dun formulario que estivo dispoñible nesta mesma páxina. O prazo rematou o 4 de maio de 2015 ás 20:00 horas.

Unha vez finalizado este prazo, un xurado formado por membros da Deputación de Lugo será o encargado de valorar todas as candidaturas e elixir o gañador en cada unha do catro categorías.

A cerimonia de entrega terá lugar o próximo sábado, 9 de maio de 2015, a partir das 16.45 horas no marco do III Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #INLUGO15 no Pazo de San Marcos da capital lucense.

Premios

Ademais do merecido e honorable recoñecemento público polo seu labor e traxectoria, cada gañador recibirá unha figura-galardón e un iPhone 6 de 128 gb de capacidade.

Déjanos un comentario :)

Sin comentarios

* Los campos marcos con * son obligatorios.
Tranquil@, no publicaremos tu correo :)